Publicador de contidos

Publicador de contidos

O profesorado poderá inspeccionar lentes, calculadoras, bolígrafos ou outros elementos nos exames da PAU en Galicia

O profesorado poderá inspeccionar lentes, calculadoras, bolígrafos ou outros elementos nos exames da PAU en Galicia

CIUG lembrou que "o uso de dispositivos non permitidos implica a expulsión da PAU, o mesmo que tamén o implica ter calquera dispositivo electrónico dentro da aula"

Os exames da PAU congregarán este ano a 13.441 estudantes -495 máis que o ano pasado- en 36 centros repartidos nunha decena de localidades das catro provincias galegas

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 26/05/2026 12:02

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) publicou este martes unha adenda ao protocolo da PAU, que se celebrará en Galicia entre o 2 e o 4 de xuño, en que establece que o profesorado das comisións delegadas poderá inspeccionar lentes, calculadoras, bolígrafos ou outros elementos.

Neste contexto, a CIUG lembrou que "o uso de dispositivos non permitidos implica a expulsión da PAU, o mesmo que tamén o implica ter calquera dispositivo electrónico dentro da aula".

Os exames da PAU congregarán este ano a 13.441 estudantes -495 máis que o ano pasado- en 36 centros repartidos nunha decena de localidades das catro provincias galegas. Segundo deu a coñecer a CIUG o pasado venres, o 46,76 % dos estudantes examinaranse na provincia da Coruña, o 33,63 % na de Pontevedra, o 10,14 % en Lugo e o 9,47 % farao na provincia ourensá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade