A PAU extraordinaria en Galicia alcanza o 71,3% de aprobados e supera a do pasado curso
Superaron as probas 1.302 estudantes dos 2.753 que participaron na parte obrigatoria
O 16 de xullo publicaranse as notas definitivas tras o prazo e alegacións
Álvaro Ballesteros / Europa Press (Arquivo)
O 71,3% dos alumnos que a semana pasada participaron na parte obrigatoria da convocatoria extraordinaria da Proba de Acceso á Universidade en Galicia conseguiu aprobar.
Unha porcentaxe que supera levemente a do ano pasado, que foi do 70,9%.
O nivel e participación foi do 94,35%
Segundo os datos ofrecidos este xoves pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), superaron as probas 1.302 estudantes dos 2.753 que participaron na parte obrigatoria. O nivel de participación foi do 94,35%.
Á convocatoria extraordinaria, celebrada a semana pasada, concorreron aqueles estudantes que non aprobaron a ordinaria ou remataron bacharelato tras as recuperacións, tamén os que querían subir nota.
Desde este xoves pola tarde, poden consultar as súas cualificacións na aplicación 'Nerta' e, a continuación, abrirase un prazo duns días para reclamar, se así o consideran.
As notas definitivas faranse públicas o próximo 16 de xullo.