Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontón propón un programa de bolsas de alugueiro para universitarios

Pontón propón un programa de bolsas de alugueiro para universitarios

Defendeu tamén a construción dunha residencia universitaria pública en cada un dos campus galegos

A voceira nacional do BNG reuniuse coa reitora da Universidade de Vigo. Europa Press.
G24.gal 16/09/2026 15:22

A portavoz nacional do BNG reclamou este mércores que a Xunta e as universidades galegas poñan en marcha unha bolsa de alugueiro para estudantes universitarios que lles permita acceder a vivendas "en condicións dignas" e evite que o custo da vivenda se converta nun obstáculo para estudar.

“É evidente que hai problema gravísimo de acceso á vivenda, que os alugueiros están disparados e moito máis para os estudantes universitarios, que teñen que sumar moitos gastos extras ao que significan os seus estudos, e o que non pode ser é que precisamente o alugueiro convértase nun elemento que impida desenvolver a túa carreira universitaria”, dixo en Vigo Pontón, onde se reuniu coa reitora, Carmen García Mateo.

Como primeira medida, a dirixente nacionalista expuxo que Xunta e universidades colaboren para crear unha bolsa de alugueiro dirixida a estudantes, unha iniciativa que, segundo defendeu, permitiría facilitar o acceso a vivendas con prezos e condicións adecuados e para a que “o único que se necesita é vontade política", asegurou.

Pontón vinculou esta proposta coa necesidade de ampliar tamén a oferta pública de aloxamento universitario. Neste sentido, defendeu a construción dunha residencia universitaria pública en cada un dos campus galegos.

Segundo os datos achegados pola portavoz do BNG, o sistema universitario galego conta con ao redor de 64.000 estudantes e unhas 2.000 prazas de residencia, o que supón aproximadamente unha praza por cada 45 estudantes.

A dirixente nacionalista asegurou que nos últimos anos non se incrementou "nin unha soa praza pública" nas residencias das universidades galegas, mentres que si aumentaron as prazas privadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade