Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queren salvar do esquecemento os muíños do Irixo

Queren salvar do esquecemento os muíños do Irixo

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Veciños de San Cosme de Cusanca

Só nesta parroquia, din, hai arredor de 25 construcións deste tipo

G24.gal 28/09/2026 13:46

Testemuñas da importancia que noutrora tivo o cultivo de cereal na zona, os muíños emerxen ao longo río Viñao e doutros regatos, no concello ourensán do Irixo. Os veciños destacan a elevada concentración deste tipo de infraestruturas. Contabilizan ao redor de 60 en todo o municipio, case a metade deles en San Cosme de Cusanca.

O despoboamento do rural foi deixando sen uso estes muíños. Acceder a moitos deles é xa case imposible debido a vexetación. Dende a Asociación de Veciños reclaman que se limpen os camiños para poder comprobar en que estado se atopan e mesmo actuar sobre algún se fora necesario.

Queren evitar que acaben caendo polo valor patrimonial e etnográfico que teñen. Tamén propoñen que se cree unha ruta de sendeirismo que permita visitalos co obxectivo de salvar estes muíños do esquecemento e do abandono, din,  ao tempo que se promove a beleza natural da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade