Publicador de contidos

Publicador de contidos

A romería da Nosa Señora dos Remedios da Ermida, en Quiroga, declarada Ben de Interese Cultural

A romería da Nosa Señora dos Remedios da Ermida, en Quiroga, declarada Ben de Interese Cultural

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural valorou como "determinante" o momento en que a Virxe entra na igrexa e o Meco se prostra ante ela e ante o pobo, como metáfora do espazo relixioso como refuxio

Turismo Ribeira Sacra Turismo Ribeira Sacra
G24.gal 22/09/2026 14:01

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a declaración como Ben de Interese Cultural da Romaría da Nosa Señora da Remedios da Ermida, en Quiroga (Lugo), que celébrase os días 8 e 9 de setembro.

Deste xeito, o expediente recoñece o "salientable" valor cultural desta tradición, "transmitida de xeración en xeración", e o seu carácter singular en relación co resto das romarías de Galicia, xa que xira ao redor dunha representación escenográfica sobre a loita entre a fe e o mal, representado polo Meco.

Nela tamén participan as amortalladas, outro elemento propio da celebración, que seguen á figura da Virxe. Ao son da gaita bailan tanto o Meco como as coñecidas como Pampornigas, que son dúas figuras xigantes que simbolizan a un home e unha muller.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural valorou como "determinante" o momento en que a Virxe entra na igrexa e o Meco se prostra ante ela e ante o pobo, como metáfora do espazo relixioso como refuxio.

Ademais, no expediente tamén se recoñece o feito de que se celebre desde hai séculos "sen apenas cambiar co paso do tempo, mantendo a súa autenticidade", a pesar de as prohibicións da aparición de xigantes e cabezudos ditadas polas autoridades eclesiásticas e civís no século XVIII.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade