Cargando resultados...
Un condutor logra saír do seu vehículo en Sanxenxo antes de que as chamas o calcinasen por competo
Segundo detallaron fontes municipais, o condutor foi alertado por outro mentres circulaba, xa que observou como saía abundante fume do vehículo
G24.gal
23/03/2026 10:04
O condutor dun vehículo que circulaba este domingo pola zona de Touticeira, na parroquia de Vilalonga, en Sanxenxo, logrou saír do habitáculo antes de que as chamas calcinasen por completo o turismo.
Segundo detallaron fontes municipais, o condutor foi alertado por outro mentres circulaba, xa que observou como saía abundante fume do vehículo. Así, logrou estacionar e baixarse do automóbil, un Smart a gasolina que quedou totalmente calcinado. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias de Sanxenxo e axentes da Policía Local.