Publicador de contidos

Publicador de contidos

Casas modulares, unha tendencia construtiva

Casas modulares, unha tendencia construtiva

Sobre o terreo as casas levántanse rápido, pero hai moito traballo que non se ve dentro dos talleres

 

A madeira é un dos materiais que mellor se presta para a construción industrializada e modular
G24.gal 23/03/2026 15:04

A forma de construír está mudando. Cada vez é máis industrializada e modular, un enfoque que traslada gran parte do traballo á fábrica e aos talleres e reduce os tempos de construción sobre o terreo.

"Temos unha vivenda que se montou en taller, todos os seus compoñentes, todos estes meses de borrasca infinita. Xa tivemos a posibilidade de sacala do taller e en aproximadamente tres semanas seremos capaces de pechala con cuberta con todas as súas fachadas, coas súas ventás e cos seus revestimentos", explica Iván Andrés Quintela, socio de Arrokabe Arquitectos e ARKBsistemas.

Nesta nova forma de levantar vivendas, a madeira xoga un papel tan importante que mesmo está transformando o tecido empresarial galego.

"Estase xerando un ecosistema de empresas que acompaña esta nova de construir, empresas de entramado lixeiro, de madeira laminada, contralaminada", apunta Ricardo González, xerente do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia

A madeira permite acadar estándares altos de eficiencia enerxética, unha das grandes preocupacións á hora de construír unha vivenda. Pero achega moitas outras vantaxes.

"Pesa moi pouquiño o que permite que todos os temas dos izados, transportes, movementos dos distintos elementos sexan moi s¡nxelos", engade o arquitecto.

E permite crear espazos moi amplos sen apoios intermedios.

 "Por que?, porque a madeira é o material que mellor resistencia mecánica ou sexa para estruturas ten en función para o seu propio peso", conclúe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos