Cargando resultados...
A Xunta aproba un proxecto de interese autonómico para construír 2.010 vivendas en Pontevedra
O PIA facilitará terreos na zona de San Mauro para edificación residencial, do que o 81 % será de carácter protexido
G24.gal
23/03/2026 14:04
Última actualización 23/03/2026 14:37
O Consello da Xunta aprobou este luns un proxecto de interese autonómico (PIA) para a construción de 2.010 vivendas na cidade de Pontevedra, das que, segundo destacou Alfonso Rueda, o 81 % terá carácter protexido.
A zona en que se desenvolverá este PIA será a de San Mauro, e prevese agrupar en parcelas de 21 hectáreas.
A Xunta sinala que hai nestes momentos 12 proxectos de interese autonómicos en marcha para facilitar solo residencial en once concellos do país.