A histórica dirixente de ETA Anboto sae do cárcere en rexime de semiliberdade
As asociacións de vítimas do terrorismo culpan o Goberno e din que se trata dunha amnistía encuberta
Anboto é unha das históricas dirixentes da banda terrorista ETA á que se atribúen máis de 15 asasinatos. Tamén ordenar atentar contra o anterior xefe do Estado, o rei Xoán Carlos durante a inauguración do Museo Guggeheim de Bilbao. A súa detención en Francia, en 2004, permitiu poñela a disposición da xustiza.
"É como moi duro". Son as queixas que deixaba Anboto sobre a súa vida no cárcere nun dos xuízos na Audiencia Nacional. Agora despois de seis anos en España poderá saír de luns a venres para traballar ou realizar labores de voluntariado. O Goberno vasco autoriza a aplicación do regulamento de prisións sobre o que ten competencias. Pero as vítimas do terrorismo denuncian que se trata dunha amnistía encuberta.
"Sabemos que os pactos de Pedro Sánchez con PNV e con Bildu é o traspaso das competencias ao Pais Vasco. Agora cada día temos noticia destes pasos a terceiro grao totalmente fraudulentos", explica Paz Prieto., Secretaria de ANVITE
E culpan o Goberno desta situación. "Os que conseguiron que os etarras saian antes de prisión retorcendo a lei son Pedro Sánchez e Grande-Marlaska", di Ángeles Pedraza, presidenta de honra da Asociación de Vítimas do Terrismo..
Nestes momentos xa hai unha vintena de presos da ETA en réxime de semiliberdade. Entre eles Txeroki, outro histórico xefe da banda terrorista.