Publicador de contidos

Publicador de contidos

A autovía Santiago-Lugo, lastrada por décadas de atrasos

A autovía Santiago-Lugo, lastrada por décadas de atrasos

O ministro de Transportes comprometérase a ter a A-54 operativa o ano pasado

O delegado do Goberno dixo en outubro que abriría "nos primeiros meses de 2026" pero segue sen data de inauguración

G24.gal 23/03/2026 14:26

Desde 1996 en que comezaron as obras entre Santiago e A Lavacolla, son xa 3 décadas de traballos na autovía entre Lugo e a capital galega, nove anos máis do que levou a célebre construción do Escorial no século XVI  . 

"Tivemos algún tipo de atraso por razóns que ninguén podía prever, como a aparición, nin máis nin menos, que de restos arqueolóxicos", dixo o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, en outubro de 2023.

Pero os atrasos seguen a ser unha constante na execución da A-54 contradicindo os reiterados compromisos do ministro de Transportes: "Eses 28 quilómetros que nos restan para conectar Lugo con Santiago por autovía estarán rematados como moi tarde a finais do ano 2025", asegurou Óscar Puente en xuño de 2024. "A autovía A-54 estará terminada e en funcionamento durante o ano 2025", insistiu Puente en febreiro de 2025.

Algo máis prudente e menos concreto se amosaba en outubro pasado o delegado do Goberno en Galicia: "Estou absolutamente convencido de que en poucos meses teremos a autovía plenamente operativa", sostivo Pedro Blanco. 

Cinco meses poden ser poucos segundo para quen, pero o treito entre Melide e Arzúa segue sen estar rematado a piques de deixar atrás o primeiro trimestre de 2026, para desesperación dos veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade