Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba 2,8 millóns para obras de reparación da N-120 nas provincias de Ourense e Lugo

O Goberno aproba 2,8 millóns para obras de reparación da N-120 nas provincias de Ourense e Lugo

Tamén destina 1,5 millóns a obras de emerxencia e reparación de servizos por danos ocasionados polos temporais de febreiro de 2026 na estación de Lubián

G24.gal 28/04/2026 22:17

O Consello de Ministros aprobou este martes diferentes partidas para reparacións de urxencia en varias infraestruturas en Galicia.

A partida máis grande é a que destina 2,8 millóns a un acordo polo que se toma razón da declaración de emerxencia para as obras de rehabilitación do firme na estrada N-120, puntos quilométricos 472+800 ao 540+200, na provincia de Lugo; e puntos quilométricos 439+900 ao 472+800, na provincia de Ourense.

Tamén destina 1,5 millóns a obras de emerxencia e reparación de servizos por danos ocasionados polos temporais de febreiro de 2026 na estación de Lubián e no traxecto Ourense-Barbantes, liñas 822 e 810.

Así mesmo, destina 650.000 euros á reparación de emerxencia nas defensas do río Neira, no municipio de Láncara (Lugo).

Por outra banda, o Goberno acorda destinar máis de 300.000 euros á declaración de emerxencia para a contratación das obras para emendar "os graves danos que presentan as cubertas" do acuartelamento da Garda Civil de Sanxenxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar