Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP pídelle por carta ao Goberno máis medidas para paliar os efectos da guerra

O PP pídelle por carta ao Goberno máis medidas para paliar os efectos da guerra

O decreto coas rebaixas de impostos votarase este xoves no Congreso

Sumar minimiza o choque interno e anuncia mobilizacións para defender o decreto de vivenda

G24.gal 23/03/2026 14:50

Sumar minimiza o choque interno á conta das axudas pola guerra en Irán. O venres negáronse a entrar no Consello de Ministros durante un par de horas. Nunha entrevista en RNE, a vicepresidenta segunda Yolanda Díaz asegurou que "a batalla foi un pouco pequena" porque, segundo dixo, xa viviu outras "en que o Goberno de España case se derruba".

A oposición tira de retranca. Cuca Gamarra, vicesecretaria do PP, cualifica o episodio de "motín de Moncloa".Nese motín, Sumar arrancoulle ao PSOE un decreto con medidas de vivenda que a esta altura non ten apoios no Congreso. Atrasarán a súa votación o máximo que permite a lei, un mes.

"Pedro Sánchez dedicoulle un minuto ao decreto de vivenda, nós imos dedicarlle un mes á mobilización", asegurou este luns Antonio Maíllo, coordinador federal de IU. 

Antes, xa este xoves, votarase o outro decreto, o que recolle as rebaixas de impostos. A algúns socios non lles gusta. Para Pablo Fernández, voceiro de Podemos, é "ineficaz, non vai servir para baixar os prezos e é insuficiente".

O PP tamén ten obxeccións, e por iso este luns vai poñerse en contacto co Goberno a través dunha carta na que quere trasladarlle a súa "preocupación e decepción". En conferencia de prensa, Cuca Gamarra reclamou do executivo máis axudas "porque as aprobadas quedan curtas". Polo momento, os populares non desvelan aínda o sentido do seu voto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade