Irán pon unha foto de Pedro Sánchez nun mísil lanzado contra Israel: "Grazas, primeiro ministro"
A axencia de noticias iranianas Tasnim, vinculada á Garda Revolucionaria, difunde a miaxe do adhesivo supostamente pegado no mísil
O adhesivo asegura en inglés: "Por suposto, esta guerra non só é ilegal, senón tamén inhumana. Grazas, primeiro ministro"
Imaxe do adheseivo pegado supostamente ao mísil iraniano (EFE/Tasnim News Agency)
A axencia de noticias iranianas Tasnim, vinculada á Garda Revolucionaria, e a axencia local Meher difundiron a noite do domingo a imaxe dun adhesivo cunha fotografía do presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, xunto a unha frase de agradecemento adherida supostamente a un mísil dirixido contra Israel.
O adhesivo asegura en inglés: "Por suposto, esta guerra non só é ilegal, senón tamén inhumana. Grazas, primeiro ministro".
A imaxe difundida na conta de Telegram de ambas as axencias ía acompañada da mensaxe: "Inscricións en mísiles que pronto serán disparados cara aos territorios ocupados".
Así mesmo, Mehr mostra un vídeo en que se ve o momento en que o adhesivo é adherido ao suposto mísil.
As axencias, sen ofrecer máis detalles, publicaron unha segunda imaxe cunha mensaxe de gratitude aos manifestantes dunha protesta en Londres que se mobilizaron contra o que cualificaron de "crimes de guerra" en Irán.
"Grazas a quen expresou a súa solidariedade en Londres polos crimes de guerra de Trump en Irán", lese no segundo adhesivo.
Estas publicacións de Tasnim e de Mehr prodúcense no marco da guerra dos Estados Unidos e Israel contra Irán, que se estendeu a varios países da rexión.