Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irán di que atacou obxectivos dos EUA en Bahrein e Xordania, incluído un centro de Amazon

Irán di que atacou obxectivos dos EUA en Bahrein e Xordania, incluído un centro de Amazon

Nin Amazon nin as autoridades estadounidenses ou de Bahrein reaccionaron ata o momento ás afirmacións da garda

REUTERS REUTERS
G24.gal 21/07/2026 08:34

Irán afirmou este martes que destruíu con mísiles de cruceiro o centro de datos principal de Amazon en Bahrein e alcanzou ademais obxectivos militares estadounidenses en Xordania, nunha nova ofensiva contra intereses dos EUA en Oriente Medio en resposta aos recentes bombardeos contra territorio iraniano.

"Os combatentes da Forza Aeroespacial da Garda Revolucionaria (...) atacaron con varios mísiles de cruceiro o centro de datos principal da empresa estadounidense Amazon en Bahrein e destruírono por completo", afirmou a Garda Revolucionaria nun comunicado, segundo informou a axencia Tasnim.

Segundo o corpo militar de elite, o ataque contra as instalacións de Amazon respondeu ao bombardeo estadounidense contra as instalacións civís e a central nuclear en construción de Darkhovin, na provincia suroccidental de Khuzestán, ocorrido o domingo.

Nin Amazon nin as autoridades estadounidenses ou de Bahrein reaccionaron ata o momento ás afirmacións da Garda.

Nun segundo comunicado, a Garda Revolucionaria informou dun ataque con mísiles contra unha base estadounidense en Xordania, onde asegurou que destruíu8 un sistema de radar de defensa antimísiles e un avión de combate F-15 que se atopaba nun refuxio reforzado.

Teherán sostivo que estas accións forman parte dunha campaña destinada a neutralizar os sistemas de defensa aérea estadounidenses e facilitar posteriores ataques con mísiles e drons contra obxectivos militases de Washington en Oriente Medio.

"Esta rexión non é lugar para os invasores estadounidenses. O Exército estadounidense debe abandonar a nosa rexión para evitar sufrir máis baixas", engadiu a forza militar iraniana.

As autoridades iranianas non achegaron probas que apoiasen os supostos danos nin precisaron o número de mísiles empregados nos ataques.

A ofensiva prodúcese despois de que Estados Unidos completase a décima xornada consecutiva de bombardeos contra distintos puntos do territorio iraniano.

Medios iranianos informaron estas madrugada de explosións en varios puntos do país, incluídas a illa de Qeshm e as cidades de Bandar Abbas, Sirik, Bandar Lengeh, Chabahar, Konarak e Isfahán, sen ofrecer detalles sobre o alcance dos danos nin sobre as causas das explosións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade