Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG rompe o acordo de investidura co PSOE na Coruña

O BNG rompe o acordo de investidura co PSOE na Coruña

"Non podemos aguantar máis incumprimentos", denunciou a voceira do BNG

A alcadesa Inés Rey acusa a Avia Veira de poñerse ao lado do PP a menos dun ano das eleccións

G24.gal 21/07/2026 12:48 Última actualización 21/07/2026 14:54

A portavoz do grupo municipal do BNG na Coruña, Avia Veira, anunciou a ruptura do acordo de investidura que a súa formación mantiña co goberno local do PSOE, encabezado pola alcaldesa Inés Rey, ao considerar que incumpriu os compromisos adquiridos.

"Damos por rotos os acordos co Partido Socialista, o acordo orzamentario e o acordo de investidura", concretou Veira en conferencia de prensa. "Non podemos aguantar máis incumprimentos", incidiu.

Neste sentido, a portavoz nacionalista citou o que considerou asuntos pendentes, entre outros, na área de urbanismo, cultura ou medio ambiente e criticou que a rexedora non é consciente de que non ten nin a maioría simple no Concello da Coruña.

"Depende de nós para todo o que queira implementar", destacou para engadir que actúa coma se tivese maioría absoluta. "Non o imos seguir aguantando", reiterou.

Pola súa banda, a rexedora, cuestionada sobre este asunto nun acto, reprochou que o BNG decidise, a menos dun ano das eleccións, que se quere situar ao lado do Partido Popular, é dicir, na oposición. "Se é o que eles queren ofrecerlles aos cidadáns da Coruña e á cidade, sentarse coa dereita para votar todo en contra...", expuxo sobre a súa decisión.

Do mesmo xeito, explicou que o goberno local vai seguir traballando. "Temos orzamentos aprobados, estamos a os executar e levando a cabo melloras", argumentou. "Seguiremos así a partir de maio do 2027", avanzou para incidir en que quen queira poñerse fóra do taboleiro será unha cuestión que expliquen eles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade