Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia recibirá esta semana 8 menores migrantes de Ceuta e a Xunta avisa que está "ao límite"

Galicia recibirá esta semana 8 menores migrantes de Ceuta e a Xunta avisa que está "ao límite"

O Goberno autonómico urxe un control de fronteiras "claro" e reitera: "Non podemos continuar recibindo menores estranxeiros non acompañados sen financiamento"

Menores migrantes ás portas da Comisaría de Ceuta. Europa Press/Gabriela Sardá
G24.gal 17/09/2026 20:06

Galicia recibirá oito menores migrantes procedentes de Ceuta esta semana, segundo informou este xoves a conselleira de Política Social, Fabiola García, quen lanzou un aviso: a comunidade "foi e sempre será solidaria", pero está "ao límite" da súa capacidade residencial de acollida a menores migrantes non acompañados.

"Galicia sempre negociou co Goberno a acollida de menores, pero tamén temos que informar a todos os veciños e veciñas da comunidade de que segue recibindo novas derivacións por parte do Goberno de España", declarou aos medios en Baiona.

Fontes da Consellería de Política Social rexeitaron ofrecer máis detalles a prol da protección dos menores, pero si trasladaron que as derivacións son continuas, en concreto desde Ceuta prodúcense desde hai ano e medio.

Nesta sentido, Fabiola García lanzou un aviso: "Galicia está ao límite da súa capacidade residencial de acollida de novos menores estranxeiros non acompañados".

Esixencias da Xunta ao Goberno

Neste escenario, esixiu ao Goberno que dirixe Pedro Sánchez "un control de fronteiras claro" e que, no caso de novas derivacións, "dialoguen coas comunidades".

"Non podemos continuar recibindo menores estranxeiros non acompañados sen financiamento", aseverou a conselleira de Política Social.

Fabiola García realizou estas declaracións tras visitar en Baiona uns terreos cedidos polo concello para unha nova residencia residencia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos