Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irán ataca bases dos EUA en Kuwait e Barhein e asegura que matou varios soldados

Irán ataca bases dos EUA en Kuwait e Barhein e asegura que matou varios soldados

Os Estados Unidos negan a explosión no estreito de Ormuz de dous petroleiros que bateron con minas

Unhas 10.000 persoas quedan sen auga potable en Irán tras un ataque contra unha planta desalinizadora

Suposto ataque dos EUA en Irán. CENTCOM vía REUTERS. Suposto ataque dos EUA en Irán. CENTCOM vía REUTERS.
G24.gal 18/07/2026 09:35 Última actualización 18/07/2026 12:54

Irán anunciou este sábado a morte de varios soldados estadounidenses nunha nova vaga de ataques contra obxectivos militares dos Estados Unidos en Kuwait.

No marco das operacións de represalia contra Washington, no seu séptimo día de bombardeos, golpearon tamén bases, radares, centros de comunicación, depósitos de combustible, aeronaves e varias pontes en Barhein.

"Os poderosos combatentes das Forzas Terrestres da Garda Revolucionaria atacaron o lugar de concentración das forzas agresoras en Arifjan (Kuwait) e causaron a morte de varios deles", afirmou o corpo militar de elite iraniana nun comunicado recollido pola axencia Fars.

Obxectivos destruídos

Segundo a Garda Revolucionaria, destruíron o radar da base estadounidense de Ali al Salem, en Kuwait, un hangar de reparación e mantemento de armamento e un refuxio de drons.

Tamén deu conta de "contundentes operacións" contra o peirao de apoio e subministración de combustible da frota estadounidense no porto de Al Ahmadi e un centro de sinais e comunicacións.

En Barheim, informou dun ataque contra o lugar de concentración das aeronaves de combate inimigas na base de Sheikh Isa e o centro de datos de intelixencia do inimigo coñecido como Batelco.

"Os países que albergan militares estadounidenses e que puxeron os seus territorios ao dispor destes agresores criminais para atacar Irán deben prepararse para recibir unha resposta equivalente", advertiu a Garda Revolucionaria nun comunicado.

O corpo militar iraniano ameaza con ampliar a resposta a outros países se continúan os ataques das forzas norteamericanas.

Sen auga potable

Unhas 10.000 persoas, residentes en vinte pobos da provincia iraniana de Hormozgán, quedaron sen auga potable tras o ataque estadounidense contra unha planta desalinizadora no condado de Jask, informaron este sábado as autoridades locais.

O ataque prodúcese no marco da nova escalada militar entre Irán e os Estados Unidos. A pasada noite, as bombas norteamericanas alcanzaron varias vías de comunicación no sur do país persa, causando a morte de polo menos sete persoas, segundo a axencia Tasnim.

Irán, que tachou de "crimes de guerra" os bombardeos contra infraestruturas civís, respondeu a diario con lanzamentos de mísiles e drons contra obxectivos dos EUA en países de Oriente Próximo como Kuwait, Barhein, Xordania e Qatar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade