Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA negan a explosión de dous petroleiros en Ormuz tras bater con minas

Os EUA negan a explosión de dous petroleiros en Ormuz tras bater con minas

A Garda Revolucionaria de Irán asegura que os buques estouraron en augas internacionais  

No sétimo día de ataques entre ambos os dous países, o Comando Central considera falsa a versión de Teherán

Un buque no estreito de Ormuz nunha imaxe de arquivo. Reuters. Un buque no estreito de Ormuz nunha imaxe de arquivo. Reuters.
G24.gal 18/07/2026 05:05 Última actualización 18/07/2026 11:50

O Goberno dos Estados Unidos nega que dous petroleiros estouraran no estreito de Ormuz  tras bater con minas en augas internacionais, tal e como sostén a Garda Revolucionaria de Irán.

O Comando Central  informou, na súa conta de X, que esas afirmacións forman parte dunha serie de declaracións falsas difundidas pola organización iraniana na sétima noite de ataques entre Washington e Teherán tras finalizar a tregua.

A Corpo da Garda Revolucionaria Islámica informou, nun comunicado, que os dous petroleiros estouparon tras entrar nun campo de minas marítimas ao sur do Estreito de Ormuz. Engade que os buques, supostamente enganados por axencias de intelixencia estadounidenses, provocaron un gran incendio tras a detonación.

A Garda Revolucionaria non identificou os barcos nin apuntou a posibles vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade