Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan en Vimianzo as obras de prolongación da autovía da Costa da Morte

Comezan en Vimianzo as obras de prolongación da autovía da Costa da Morte

Son 5,8 quilómetros que teñen un investimento de 36 millóns

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas supervisou o inicio dos traballos
G24.gal 17/07/2026 15:53

A Xunta inicia en Vimianzo as obras de prolongación da autovía da Costa da Morte. Cun investimento de 36 millóns, a actuación na AG-55 abarca un total de 5,8 quilómetros, desde Santa Irena ata a conexión coa estrada AC-532. Todo o percorrido discorre integramente por Vimianzo.

As obras comezaron na zona onde termina o treito de autovía actualmente en servizo, libre de peaxe e que conta cun total de 28 km, e inclúen nesta primeira etapa traballos de roza e movemento de terras así como traballos de investigación xeotécnica para determinar as características do terreo.

A nova vía evitará cruzar Vimianzo a todo o tráfico cara a Camariñas ou A Ponte do Porto.  Estará libre de peaxe e prevese que as obras duren aproximadamente dous anos e medio. 

A prolongación desta autovía construirase inicialmente cun carril para cada sentido con zonas de adiantamento. Pero quedará preparada para un futuro desdobramento se o tráfico o require, tal e como se fixo na autovía Santigo-Noia. 


​​​

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade