Publicador de contidos

Publicador de contidos

A situación de Ceuta e os migrantes menores enfronta a Rueda e a oposición

A situación de Ceuta e os migrantes menores enfronta a Rueda e a oposición

Besteiro afea a Rueda a posición das comunidades autónomas do PP respecto aos menores non acompañados: "Ao mellor é que son mouros"

O presidente da Xunta acusa o líder do PSdeG de reducir o problema a que as comundiades autónomas "somos racistas"

Pontón sinala a ausencia de Rueda na xuntanza do Consello da Xunta para acudir a Madrid a un acto do PP, ao que este responde que foi apoiar o presidente dun territorio no que viven galegos que está nunha situación insostible

(EFE/Xoán Rey)
G24.gal 09/09/2026 09:14 Última actualización 09/09/2026 14:54

A situación de Ceuta e dos migrantes menores non acompañados na cidade autónoma enfrontaron este mércores o presidente da Xunta Alfonso Rueda aos líderes dos grupos da oposición José Ramón Gómez Besteiro, do PSdeG, e Ana Pontón, do BNG.

Foi na primeira sesión de control no Pleno do Parlamento á volta das vacacións.

Besteiro sinaloulle a Rueda que a Ceuta chegaron nenos e nenas, adolescentes que necesitan axuda e protección, e comparou a súa situación coa dos menores ucraínos acollidos ao comezo da guerra con Rusia, para espetarlle ao presidente da Xunta que presumiron de acoller máis de 700 no ano 22. "Solidariedade para eles; para os africanos, desprezo, porque ao mellor son mouros".

A esta acusación, o presidente do Executivo galego acusouno de reducir o tema a que as comundiades autónomas son racistas fronte a todo o que pasou: "Os rapaces, sen verán, con medo; o medo ás violacións. O que estamos vendo ao inicio do curso escolar con máis dun 30 % de pais e nais que non envían os seus fillos ao colexio e todo o disparate da xestión do Goberno".  

Ana Pontón pola súa parte díxolle a Alfonso Rueda que en lugar de facer política barata con Ceuta, o que ten que facer é acoller e nenos e nenas que están en situación inhumana e non pecharlles as portas para alimentar o odio.

Pontón ademais destacou a ausencia de Rueda na xuntanza do Consello da Xunta deste luns para acudir a un acto en Madrid do presidente de Ceuta e díxolle que os galegos non lle pagan para ser palmeiro de Feijóo.

O presidente da Xunta acusou á voceira do BNG de falta de empatía e defendeu que estivo en Madrid apoiando o presidente dun territorio onde viven galegos. "Temos xente do seu territorio vivindo aquí, e están nunha situación insostible". E aproveitou para expresar a solidariedade dos galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos