Interior pide desculpas os xornalistas valorados ideolóxicamente nun documento do ministerio
Na listaxe figuran decenas de comunicadores en activo, o que levantou as críticas tanto de partidos políticos como das asociacións de xornalistas
O Ministerio do Interior recoñeceu que elaborou unha lista de xornalistas segundo a súa ideoloxía. Nesa listaxe figuran decenas de comunicadores en activo, o que levantou as críticas tanto de partidos políticos como das distintas asociacións de xornalistas.
O Partido Popular denuncia que ao Goberno lle molesta a democracia e persegue xornalistas incómodos. O informe foi elaborado no 2024 e leva por título 'Tertulianos: Radio y Televisión'. O Goberno deféndese argumentando que se trata dun documento informativo e con carácter interno.
O Ministerio do Interior pediu desculpas aos profesionais que se sentisen "ofendidos" polo contido do documento.
Fontes do departamento que dirixe Fernando Grande-Marlaska reiteraron o carácter interno do informe publicado por 'El Confidencial', dun dossier elaborado por Interior sobre profesionais da información con fichas, fotografías e comentarios sobre a súa adscrición política.
Desde o ministerio explicaron que o documento foi elaborado pola Oficina de Comunicación de Interior en febreiro de 2024 "cunha finalidade consultiva e sen ningún propósito de establecer censura, restrición ou límite algún ao exercicio dos xornalistas e dos medios de comunicación para os que traballan".