Feijóo denuncia que se busque "manipular" o censo e Sánchez acusa o PP de "roubar" o voto a exiliados
Feijóo denuncia que se busque "manipular" o censo e Sánchez acusa o PP de "roubar" o voto a exiliados
O presidente do Goberno culpa as comunidades gobernadas polo PP dos malos resultados de PISA e Feijóo afirma que o socialismo educativo foi o maior dos fracasos da historia democrática de España
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, denunciou este mércores que o Goberno só está "pendente de manipular" o censo coa chamada 'lei de netos', no canto de ocuparse dos problemas dos cidadáns. O xefe do Executivo, Pedro Sánchez, acusou o "Partido Popular e a "ultradereita" de "roubar o voto" aos exiliados españois.
Este cruzamento de reproches na primeira sesión de control ao Gobierno no Congreso deste período de sesións produciuse un día despois de que o Tribunal Supremo decidira suspender de xeito cautelar o voto dos nacionalizados pola 'lei de netos', que permite o acceso á nacionalidade de descendentes de exiliados.
Ante o Pleno da Cámara Baixa, Feijóo reprochou a Sánchez que non estea pendente das familias, nin da vivenda, nin da calidade educativa, nin da folga sanitaria, nin do funcionamento da alta velocidade. "Vostede só está pendente de manipular o censo coa 'lei de netos'", afirmou.
Na súa réplica, o presidente o Goberno espetou á bancada do PP que "por suposto que vai haber eleccións no ano 2027" e asegurou que "o problema" é que non queren "cidadáns de primeira e de segunda, senón cidadáns todos de primeira cos mesmos dereitos e tamén co dereito ao voto".
Sánchez acusou o "Partido Popular e a "ultradereita" de querer "cernar o dereito ao voto de miles e miles de cidadáns españois" e querer "roubarlles o principal dereito de cidadanía, que é o dereito ao voto". "Verémolos nas urnas e volverémoslles a gañar", espetou á bancada do Grupo Popular.
🏛️ CONGRESO
— G24 (@G24Noticias) September 9, 2026
Feijóo acusa a Sánchez de "manipular o censo" coa 'lei de netos' e o presidente responde: "Volveremos gañar" pic.twitter.com/dyPTkbzrmn
A sesión tamén estivo marcada polo último Informe Pisa, que reflicte os peores resultados en materia educativa dos últimos anos.
O presidente do Goberno Pedro Sánchez responsabiliza as comunidades autónomas gobernadas polo Partido Popular dos malos resultados escolares mostrados polo Informe PISA.
Sánchez non ocultou a súa preocupación polas conclusións do informe e engadiu que, mentres o seu Goberno multiplicou por dous os investimentos en Educación, as comunidades do PP deixan no caixón recursos sen executar
Sánchez dixo que hai comunidades autónomas do Partido Popular que non executan os recursos destinados á educación e afirmou que o Executivo multiplicou por dous o investimento no Ministerio de Educación respecto ao goberno anterior.
Para Feijóo, o primeiro exame ao socialismo educativo foi o maior dos fracasos da historia democrática de España. Na súa intervención destacou que os mellores resultados educativos son os das comunidades autónomas gobernadas polo Partido Popular e os peores déronse en Ceuta e Melilla. Segundo o líder popular, o proxecto de Goberno de Sánchez afecta xa os nenos deste país.