O incombustible musical Mamma Mia, con cancións de Abba, recala na Coruña
Antes da estrea, as súas protagonistas comparten as sensacións desta fin de xira
A función permanece no Palacio da Ópera ata o 26 de xullo
Todos coñecemos as cancións que tecen esta historia sobre o escenario.
"Mamma Mia ten algo, unha receita perfecta", di a actriz Gina Gonfaus
Son as horas previas á estrea desta versión do veterano musical na Coruña.
"Esta mañá espertei chorando porque é a derradeira praza desta xira", conta a protagonista, Verónica Ronda
E sempre emocionando e emocionándose, mesmo repetindo tantas veces personaxe coma ela.
"Son máis de 1400 funcións. Se por algo durei catro anos nesta produción é porque marcho todos os días co grande agasallo que é recibir a enerxía do público", explica Verónica
Son actrices de musical, hai que admirarlles tres disciplinas.
"A interpretación, o canto e a música e a danza", subliña Gina
A historia transcorre nun hotel nunha illa grega. Sophie atopa un diario da súa nai e le nel sobre tres homes que poderían ser ese pai seu que non coñece. Así que en segredo invita os tres á súa voda, convencia de que recoñecerá o seu pai así que o vexa diante.
"Pero iso non estará tan claro", adianta Gina
E aí comeza o baile de emocións dos personaxes.
"Non só ao amor romantico, é unha homenaxe a todos os tipos de amor", resume Verónica Ronda
"Ao final invitamos ao espectador a que cante e baile con nós, o que fai que a xente marche cunha enerxía polas nubes", celebra Gina Gonfaus
E todo fiado coas cancións de Abba.