Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Casa Branca suspende o operador do teleprómpter de Trump sinalado por gañar cartos apostando sobre os discursos

A Casa Branca suspende o operador do teleprómpter de Trump sinalado por gañar cartos apostando sobre os discursos

Está investigado por apostar sobre o contido das alocucións do mandatario e gañar case 100.000 dólares

O operador do teleprompter nunha imaxe de arquivo. Reuters O operador do teleprompter nunha imaxe de arquivo. Reuters
G24.gal 16/07/2026 21:25

O home que opera o sistema de teleprómpter que emprega o presidente dos EUA, Donald Trump, para pronunciar discursos está a ser investigado por presuntamente apostar en mercados de predición na internet sobre o contido das alocucións do mandatario e gañar case 100.000 dólares.

A radio pública NPR adiantou este xoves que a Comisión de Negociación de Futuros de Produtos Básicos dos Estados Unidos, que regula este tipo de plataformas de apostas a nivel federal, está a investigar ao individuo, que supostamente gañou algo máis de 90.000 dólares na web Kalshi, unha das máis populares para tratar de predicir todo tipo de acontecementos.

Pouco despois, a portavoz da Casa Branca, Karoline Leavitt, confirmou a investigación e explicou que o home foi suspendido polo momento de emprego e soldo por desexo expreso do propio Trump. Leavitt asegurou que o mandatario "considera que isto é profundamente lamentable e, francamente, unha vergoña" e asegurou que o operador está a colaborar coas pescudas e que polo momento será outra persoa a que operará o teleprómpter de Trump.

"Aquí, na Casa Branca, existen normas éticas moi estritas que prohiben explicitamente este tipo de condutas a todos os que aceptamos traballar no Goberno ao servizo do presidente", explicou a portavoz.

Leavitt asegurou que xa existía un protocolo establecido dentro da Casa Branca para evitar este tipo de situacións relacionadas co uso de información privilexiada pero que "lamentablemente, esta persoa incumpriuno e, en consecuencia, está a asumir as consecuencias".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade