Os EUA atacan obxectivos militares iranianos para debilitalos no estreito de Ormuz
O martes as Forzas Armadas dos Estados Unidos restableceron o bloqueo aos buques con destino ou partida de Irán
O Exército dos Estados Unidos informou este mércores que levou a cabo unha nova serie de ataques contra obxectivos militares iranianos que "minguaron aínda máis a capacidade" de Irán para atacar o estreito de Ormuz, por onde transita preto do 25% do comercio marítimo mundial de petróleo.
O Comando Central dos Estados Unidos (Centcom) precisou en X que a operación comezou este mércores ás 7.30 da mañá, hora do leste dos Estados Unidos (13.30 hora galega), e prolongouse durante 90 minutos.
— U.S. Central Command (@CENTCOM) July 15, 2026
https://pbs.twimg.com/amplify_video_thumb/2077358967823499264/img/Idl1K8coqW9n9DdP.jpghttps://pbs.twhttps://pbs.twimg.com/amplify_video_thumb/2077358967823499264/img/Idl1K8coqW9n9DdP.jpgimg.com/amplify_video_thumb/2077358967823499264/img/Idl1K8coqW9n9DdP.jpg
Durante a ofensiva, as forzas estadounidenses empregaron municións de precisión contra sistemas de defensa costeira e depósitos e plataformas de lanzamento de mísiles de cruceiro situados na illa de Gran Tunb, no golfo Pérsico.
"Os ataques minguaron aínda máis a capacidade de Irán para atacar o tráfico marítimo comercial no estreito de Ormuz", detallou o Centcom, con sede no centro de Florida.
Entre tanto, o Consello de Cooperación do Golfo (formado por Arabia Saudita, Catar, Kuwait, Emiratos Árabes Unidos, Barhein, Omán e Xordania, todos aliados dos EUA) acusou hoxe a Irán de arrastrar a todo Oriente Medio ao caos polos seus ataques contra os seus veciños árabes, membros desa alianza política e económica, así como contra Xordania.
O martes, as Forzas Armadas dos Estados Unidos restableceron o bloqueo aos buques que transitan cara a e desde Irán polo estreito de Ormuz e lanzaron unha nova onda de bombardeos.
Os ataques prodúcense tras a intensificación do conflito desde a semana pasada, cando o presidente estadounidense, Donald Trump, deu por terminado o acordo marco de cesamento do fogo asinado o 17 de xuño coa República Islámica, ao acusar a Teherán de manter os ataques contra embarcacións en Ormuz.