Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE amplía a distancia sobre o PP malia os casos de corrupción, segundo o CIS

O PSOE amplía a distancia sobre o PP malia os casos de corrupción, segundo o CIS

Os socialistas avantaxan en case 8 puntos aos populares, segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas

ERC sobe oito décimas, Sumar e Vox baixan e Se acabó la fiesta supera a Podemos en estimación de voto

Jesús Hellín/Europa Press Jesús Hellín/Europa Press
G24.gal 15/07/2026 12:52

O PSOE recupérase e lograría o 33 % dos votos, segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que sitúa o PP a 7,9 puntos dos socialistas tras perder dous puntos respecto á enquisa de xuño.

O estudo realizouse entre o 1 e o 6 de xullo sobre unha mostra de 4.020 entrevistas, coincidindo coa investidura do presidente andaluz Juanma Moreno, tras pactar con Vox, formación que perdería medio punto, mentres o PSOE sobe 1,7 puntos.

Pola súa banda, Sumar baixa tres décimas en estimación de voto, ata un apoio do 6,1 %, mentres ERC sobe oito décimas (ata o 2,7 %) e Se Acabó la Fiesta supera a Podemos ao recoller sete décimas máis, que deixan a formación cun 2,6 %, unha décima por encima dos morados. 

O PNV sobe 0,4 décimas ata alcanzar o 1 % de voto estimado, EH Bildu cae na mesma medida ata o 0,8 %, Junts deixa tres décimas (0,7 %), o BNG queda no 0,9 % e Coalición Canaria e UPN logran un 0,2 %.

O barómetro de xullo realizouse poucos días despois de coñecerse a condena ao exministro de Transportes José Luis Ábalos e coincidiu coa imputación da directora xeral da Garda Civil Mercedes González.

Sánchez, o preferido como presidente do Goberno

O líder do PSOE Pedro Sánchez segue sendo o preferido como presidente do Gobierno, segundo o 26,7 % dos entrevistados (25 % en xuño), mentres o xefe a oposición Alberto Núñez Feijóo éo para o 13,9 % (13,4 % en xuño). Iso si, o 20,9 % dos enquisados di que non prefire a ningún como xefe do Executivo.

En canto aos ministros, a titular de Educación Milagros Tolón é a gran descoñecida para o 88,2 % dos consultados.

A máis coñecida é a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz. O 96,5 % admiten que saben quen é. Despois, o titular de Interior Fernando Grande-Marlaska e a de Defensa Margarita Robles.

Os únicos que aproban son o vicepresidente primeiro e ministro de Economía Carlos Cuerpo, cunha nota de 5,62, seguido polo ministro de Dereitos Sociais Pablo Bustinduy (5,36) e o titular de Cultura Ernest Urtasun (5,02).

A inmigración escala a segundo problema tras a vivenda

A enquisa do CIS revela que o problema da vivenda segue sendo o principal para o 43 % dos enquisados (41,5 % en xuño).

A inmigración experimenta unha forte repunta e colócase como segunda preocupación para o 23,4 % (antes o 18,9 %), seguida polos problemas políticos (18,7 %), a corrupción e a fraude (17,8 %) e os problemas económicos (17,3 %).

Respecto á situación económica de España, o 38,3 % cualifícaa de boa ou moi boa e o 55 % vea como mala ou moi mala. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade