O vandalismo golpeou comercios e rúas de varias cidades galegas durante a folga xeral
Houbo pintadas, danos en negocios e colectores queimados
En Vigo investígase un ataque cun artefacto explosivo contra a sede da UXT
Durante a folga xeral vivíronse momentos moi tensos, que mesmo nalgún caso acabaron nas mans... E noutros con danos nos locais, tal e como denuncian algúns traballadores, que din que semella que "non lles parece ben que traballemos mentres eles se manifestan".
Foi en Santiago onde varios negocios que non secundaron a folga din que chegaron a sentir medo.
En Silleda investígase a aparición de ducias de coches coas rodas picadas e na Coruña a tensión trasladouse ao sector inmobiliario con pintadas contra oficinas e grupos de encapuchados movéndose polo centro
Pero o momento de maior tensión rexistrouse en Vigo. A sede da UXT sufriu o impacto dun artefacto que abriu un burato na entrada do edificio. As primeiras investigacións apuntan á posible participación de dúas persoas encapuchadas. Non houbo feridos.