Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 'número dous' da Garda Civil admite reunións con Leire Díez pero nega presións a altos mandos

O 'número dous' da Garda Civil admite reunións con Leire Díez pero nega presións a altos mandos

Manuel Llamas denuncia unha campaña de "desprestixio" e "desinformación"

O interrogatorio á directora da Garda Civil pospúxose ata este venres

O director adxunto operativo (DAO) da Gardia Civil, Manuel Llamas (EFE/ Mariscal)
G24.gal 16/07/2026 14:13

O director adxunto operativo (DAO) da Garda Civil, Manuel Llamas admite na Audiencia Nacional reunións con Leire Díez pero negou que pedise ao axentes da UCO que se puxeran "de perfil" nas causas xudiciais comprometedoras para o Goberno ou para o PSOE. Con esta declaración contradí o testemuño do coronel Rafael Yuste. Llamas tamen denunciouse unha campaña de "desprestixio" e "desinformación".  O interrogatorio ao numero dous da Benemérita prolongouse durante dúas horas e media. E con ese argumento, o xuíz Pedraz acordou pospoñer a este venres a declaración como investigada da directora da Garda Civil, Mercedes González, que estaba citada para este xoves.

O xuíz atribúe tanto a González como a Llamas a presunta autoría de delitos de prevaricación e obstrución á xustiza.

A directora da Garda Civil foi imputada despois de que a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil apuntase nun dos seus informes que mantivo tres reunións coa exmilitante socialista, que segundo o xuíz coordinaría a presunta trama, mentres que o liderado recaería sobre o exdirixente socialista Santos Cerdán.

En concreto, a UCO indicou que hai constancia de varios encontros presenciais entre ambas que tiveron lugar os días 30 de setembro de 2024, 20 de decembro de 2024 e 2 de abril de 2025.

Tras coñecerse o informe, González asegurou o pasado maio no Senado que nunca, xamais, interferiu en ningunha investigación da UCO nin tampouco exerceu presión sobre ningún axente nin participou en ningunha trama para anular causas xudiciais.

A directora xeral do instituto armado admitiu varios encontros coa exmilitante e recoñeceu que intercambiou unhas cantas mensaxes de WhatsApp durante a súa etapa como delegada do Goberno en Madrid, cando Díez era directora de Relacións Institucionais de Correos.

Con todo, subliñou que a exmilitante en ningún momento falou de nada relacionado con investigacións en curso da Garda Civil.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade