Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ponte Caldelas propón fusionarse cos concellos da Lama e de Fornelos de Montes

Ponte Caldelas propón fusionarse cos concellos da Lama e de Fornelos de Montes

O alcalde de Ponte Caldelas, de quen partiu a idea, di que, de momento, quere abrir o debate e que opinen os veciños

Se a alianza vai para adiante, os tres municipios sumarían case 10.000 habitantes

G24.gal 24/07/2026 15:21 Última actualización 24/07/2026 15:41

O alcalde de Ponte Caldelas propón unir o seu concello co da Lama e con Fornelos de Montes. O rexedor di que non é unha proposta oficial: só lanzou unha reflexión nas redes sociais: xuntar os concellos para ter mellores servizos. Un exemplo, os centros de saúde.

"É un pouco absurdo que teñamos tres centros de saúde mal dotados podendo ter un con garantías de ter servizos e médicos, e incluso unha ambulancia. Iso si que implicaría ter mellores servizos no rural e querer vivir na aldea, porque tes un médico cerca", asegura Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas.

Xuntando Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos, a entidade nova sumaría case 10.000 habitantes. Podería acceder a mellores servizos e máis financiamento, pero as opinións son diversas. O debate está aberto: seren un concello grande ou seguir sendo pequenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade