Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o xefe da Policía de Teo por falsidade documental nunha pena por violencia de xénero

Investigan o xefe da Policía de Teo por falsidade documental nunha pena por violencia de xénero

Supostamente o investigado alterou a documentación oficial que acreditaba que o condenado cumprira a pena de realizar traballos en beneficio da comunidade

G24.gal 25/03/2026 16:55

A praza 1 da sección de instrución de Santiago investiga ao xefe da Policía Local de Teo por un caso relacionado cun presunto delito de falsidade documental e outro de encubrimento de quebrantamento de pena, tal e como confirmaron fontes do TSXG.

O caso, segundo Europa Press, garda relación cunha condena por violencia de xénero que debía ser saldada con traballos en beneficio da comunidade na Policía Local de Teo.

O xulgado investiga se se alterou a documentación oficial que acreditaba que o condenado realizara estes traballos comunitarios para dar imaxe de que si se cumpriran, malia que non foron efectuados, polo menos, en parte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade