Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un cazador en Vilar de Barrio ao caer por un desnivel co seu vehículo

Morre un cazador en Vilar de Barrio ao caer por un desnivel co seu vehículo

O falecido é José Castro, de 82 anos, presidente do coto de caza de Alberguería

Un particular atopou o falecido ao carón do coche e deu aviso

O vehículo do cazador foise da vía por un desnivel e tivo que ser remolcado (Imaxe TVG)
G24.gal 25/03/2026 16:15

Unha persoa morreu en Vilar de Barrio ao caer por un desnivel co seu vehículo. O falecido é José Castro, de 82 anos, presidente do coto de caza de Alberguería.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso uns vinte minutos antes das 14:00 horas. Segundo indicou un particular, atopárase cunha persoa posiblemente falecida ao carón dun coche, nunha leira no lugar da Alberguería.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Laza e á Garda Civil.

Os servizos de emerxencia acudiron ata o punto e indicaron que parecía tratarse dunha saída de vía na que o vehículo, un coche con remolque, caeu por un desnivel. Non puideron nada por salvarlle a vida á persoa implicada.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade