Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arden seis contedores de lixo e dous baños portátiles na Coruña

Arden seis contedores de lixo e dous baños portátiles na Coruña

Os servizos de emerxencia atoparon media ducia de colectores do lixo ardendo simultaneamente esta madrugada, "cinco deles completamente calcinados", concreta o parte de danos

TVG
G24.gal 24/03/2026 11:11 Última actualización 24/03/2026 14:37

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervir durante a madrugada deste martes, día 24, para extinguir o lume en seis contedores e en dous baños portátiles que arderon en diferentes puntos da cidade.

Segundo o balance dos servizos de emerxencia coruñeses, arredor das 01:30 horas os efectivos desprazáronse á rúa Perú, números 5 e 17, e a Mestre Bernardino González Freire, 5 para realizar unha intervención.

No lugar atoparon media ducia de colectores ardendo simultaneamente, "cinco deles completamente calcinados", concreta o parte de danos.

Algúns veciños falan de actos illados nunha zona tranquila, mentres que outros se amosaron preocupados.

Máis tarde, sobre as 7:20 horas, os bombeiros acudiron apagar outro incendio, nesta ocasión en dous baños de obra situados na Estreita de San Andrés.

A policía investiga a orixe destes actos vandálicos, que poñen a diana no mobiliario urbano e deixan un pouso de intranquilidade entre a veciñanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade