Cargando resultados...
Simulacro de incendio nun hotel de Santiago de Compostela
Un amplo dispositivo de bombeiros atendeu a chamada do hotel ante o aviso dun incendio no primeiro andar
G24.gal
24/03/2026 14:29
Un hotel de Santiago de Compostela realizou un simulacro de incendio para saber actuar nunha situación real.
O exercicio iniciouse cunha chamada ao 112 alertando dun incendio na segunda planta do hotel. A maioría dos traballadores tiveron que ser evacuados e procedeuse ao rescate de dúas persoas, que foron trasladadas ao hospital por inhalación de fume.
Todo formou parte dunha práctica tanto do persoal do establecemento hostaleiro como dos equipos de emerxencias.