Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simulacro de rescate no río Miño, con sesenta efectivos civís e militares, de Galicia e Portugal

Simulacro de rescate no río Miño, con sesenta efectivos civís e militares, de Galicia e Portugal

O escenario é a caída a auga dun coche con tres persoas dentro, hai un supervivente e dous desaparecidos

Este ano por primeira vez participa unha unidade da UME, ademais de mergulladores de Ferrol e mergulladores sapadores da armada lusa

O obxectivo é reforzar a cooperación e coordinación dos fectivos de emerxencias e rescate no treito internacional do Miño

G24.gal 10/04/2026 14:39

Un vehículo con, en principio, tres persoas caeu á auga. Unha foi posible atopala con vida. Agora están tratando de localizar e rescatar os outros ocupantes, que continúan desaparecidos.

Trátase dun exercicio que busca reforzar a colaboración entre as forzas de emerxencia e rescate de ambas beiras do Miño no treito internacinal do río. Participan diversos medios da Armada, efectivos de Axega e o Servizo de Gardacostas da Xunta, e por primeira vez tamén a UME.

Pola banda portuguesa interveñen medios da Policía Marítima de Caminha e mergulladores da Marinha portuguesa. No posto de mando conxunto coordinan todo o operativo en que participan arredor de sesenta persoas.

"O que escalamos no ámbito militar é a incorporación da patrulleira Cabo Fradera, a unidade de mergullo da armada en Ferrol, e específicamente este ano sumamos unha unidade da UME", sinala Víctor García, Comandante da Comandancia Naval de Tui.

As dificultades dunha busca no leito fluvial requiren da intervención de equipos especializados, entre eles os mergulladores.

"En sitios coma este hai moitas polas e moita lama, asíq eu remexes un pouco, pasa algo de corrente e non ves nada, por iso é moi complicada a busca", conta Byron Flores, mergullador do equipo de mergullo da Armada en Ferrol.

O obxectivo é poñer a punto a cooperación de todos os medios no treito internacional do río. 

"E garante que todas as emerxencias que teñan lugar nesta área teña unha resposta inmediata e eficaz, tanto do lago portugués como do lado galego", afirma Fernadno de Veira Pereira, capitán do porto de Caminha e comandante local da Policía Marítima.

Un exemplo recente da necesidade de actuaren coordinados deuse no operativo de rescate das vítimas do naufraxio do Vila de Caminha ocorrido en decembro pasado na desembocadura do Miño, no que faleceron tres mariñeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade