Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatadas en helicóptero dúas persoas con dificultades para saír da auga en Ortigueira

Rescatadas en helicóptero dúas persoas con dificultades para saír da auga en Ortigueira

Outros catro bañistas conseguiron chegar á illa de San Vicente e regresar a terra cando baixou a marea

Helicóptero Pesca II de Gardacostas de Galicia - SALVAMENTO MARÍTIMO - Arquivo Helicóptero Pesca II de Gardacostas de Galicia - SALVAMENTO MARÍTIMO - Arquivo
G24.gal 13/07/2026 09:43

Dúas persoas tiveron que ser rescatadas este domingo polo helicoptero Pesca II ao quedaren atrapadas polas fortes correntes na praia de Morouzos, en Ortigueira. Ambas foron evacuadas con síntomas de hipotermia. 

O 112 Galicia reicibiu o aviso arredor as 19:15 horas, despois de que un particular alertase de que un bañista estaba a ser arrastrado pola corrente. En total, seis persoas tiñan dificultades para abandonar a auga. 

As fortes correntes impediron a actuación dos socorristas 

Segundo informou o 112, o mal estado do mar impediu que os socorristas da praia puidesen chegar ata os bañistas, polo que foi necesaria a intervención do helicóptero de Gardacostas. 

As outras catro persoas conseguiron refuxiarse na illa de San Vicente e regresar a terra polos seus propios medios cando baixou a marea. 

No operativo participaron Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local, o GES de Ortigueria e o 061. Os dous rescatados foron trasladados en helicóptero ata a base da aeronave, onde unha ambulancia se fixo cargo deles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade