Cargando resultados...
Un barco ardendo e dous náufragos: simulacro na ría de Vigo
Estes exercicios forman parte dos adestramentos habituais dos profesionais das emerxencias
Desta vez, ademais, coordináronse medios dos Gardacostas de Galicia, Salvamento Marítimo e a Garda Civil
G24.gal
11/06/2026 14:45
Cun chamamento de auxilio dende un barco de recreo actívase o protocolo de rescate. Mobilízanse embarcacións de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil e de Salvamento Marítimo.
O primeiro rescate faise dende unha embarcación. Despois é a quenda do helicóptero Pesca I. O seu rescatador baixa ata auga para poder izar aos náufragos.
Desta vez, participaron equipos dos Gardacostas de Galicia, Salvamento Marítimo e a Garda Civil. A coordinación de todos os medios é clave.
Estes simulacros permiten garantir o éxito cando hai unha emerxencia real.