Publicador de contidos

Publicador de contidos

A dilación no proceso libra do cárcere catro homes albaneses acusados de roubos en vivendas

A dilación no proceso libra do cárcere catro homes albaneses acusados de roubos en vivendas

Ademais os procesados pagaron xa a indemnización imposta na sentenza, o que permite deixar en suspenso a pena de dous anos á que foron condenados

Os acusados compareceron por videoconferencia desde Alacant
G24.gal 25/03/2026 13:47

A Sección Sexta da Audiencia Provincial en Santiago celebrou a vista de conformidade do xuízo a catro cidadáns albaneses acusados de 3 roubos en vivendas cometidos entre o 3 e o 5 de febreiro de 2022. Os acusados compareceron por videoconferencia desde Alacant, un desde a prisión onde cumpre condena por outra causa e os outros 3 desde o xulgado.

Están acusados de entrar a roubar en 3 vivendas forzando as ventás nos tres casos. En Teo levaron unha colonia e un bote con 200 euros. Nunha casa de Oleiros forzaron a caixa forte e levaron 2.000 euros e xoias. E nunha vivenda de Bastavales en Brión roubaron armas de caza, munición e 600 euros.

A Fiscalía pedía inicialmente once anos de prisión polo delito continuado de roubo con forza en casa habitada, falsidade documental e pertenza a grupo criminal. O acordo final suprime este último delito e as penas reducíronse aplicándose as atenuantes de reparación do dano e a dilación indebida do procedemento.

Foron condenados a 2 anos de prisión polo delito continuado de roubo con forza en casa habitada e dous deles ademais foron condenados a tres meses de prisión e tres de multa de dous euros ao día polo delito de falsidade documental por usar un coche con placas falsas.

Na modificación da cualificación dos delitos e as penas a Fiscalía tivo en conta que os acusados recoñeceron os feitos, que consignaron xa os 11.000 euros da indemnización fixada como responsabilidade civil e as dilacións indebidas no procedemento. 

As penas de prisión tamén quedaron en suspenso coa condición de que non volvan cometer delitos da mesma natureza nos próximos dous anos. Unha sentenza que non satisfai a unha das vítimas dos roubos que asegura que non repara o dano causado, sobre todo o psicolóxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade