Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade prepara un decreto para abrir os PAC os sábados pola mañá

Sanidade prepara un decreto para abrir os PAC os sábados pola mañá

G24.gal 25/03/2026 15:01

Haberá novas prazas para médicos nos puntos de atención continuada para poder prestar servizo tamén os sábados. "E teremos un programa de voluntariedade incentivado para a realización das gardas", explica Natalia Lobato, secretaria xeral de Sanidade.

A base desta medida está na reforma da Atención Primaria que está levando a cabo a Consellería de Sanidade á que xa se sumaron a maior parte das organizacións sindicais. A última, o sindicato O'Mega. Os centros de Atención Primaria recuperan a súa actividade asistencial tras os útimos paros. "Eu tiña unha cita. Vin e atendéronme", di unha paciente.

"Hai que empezar a traballar sobre as listas demoras que se crearon coa folga", asegura a doutora Mercedes Tallón.

O compromiso é reducir a axenda diaria a 30 pacientes por médico antes de finais de xuño. E habilitar un sistema de atención á sobredemanda.

"Ganamos cunha reforma total, A realidade é que as consultas en atención primaria estaban sobrecargadas e o primeiro paso é descargalas", avanza o Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. 

Desde a Xunta de Galicia piden que se traslade o diálogo cos sindicatos médicos ao Ministerio de Sanidade. As protestas polo Estatuto Marco levan suspendidas máis de 170.000 consultas en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos