Publicador de contidos

Publicador de contidos

Todo preparado para a Reconquista de Vigo

Todo preparado para a Reconquista de Vigo

Bares e restaurantes de Vigo teñen os almacéns cheos e prepáranse para o traballo que vén esta fin de semana

Os veciños ultiman os detalles dos traxes de época para viaxar a 1809

G24.gal 25/03/2026 20:20 Última actualización 25/03/2026 21:17

Ringleiras en moitas tendas de Vigo para facerse cos últimos detalles do traxe para celebrar a Reconquista. Ana Lores, da mercería Crespo, explica que os clientes buscan "panos, chalecos, saias, medias, zapatos, vendemos de todo. Ás veces a xente vén buscando saias vistosas de cadros ou flores, que confeccionamos tamén nós para outras datas como seráns e foliadas... Temos que facer un labor de concienciación, porque eses tecidos non os había no 1800".

Tamén están cheos os almacéns de bares e restaurantes que se preparan para atender os milleiros de visitantes que se agardan durante a fin de semana.

Mario Alejandro Yáñez traballa no bar La Central e destaca que "chegou máis mercancía, sobre todo moita cervexa e choripans", algo semellante pasa en Elaine Restaurante de tapas, alí Manuel Antonio Covela relata que teñen "bastante mercancía por se ven moita xente, moita cervexa, refrescos e comida".

As previsións dos hoteis da cidade tamén apuntan alto e aínda reciben reservas para a fin de semana. É o caso do Gran Hotel Nagari. Rocío Porto, relacións públicas do establecemento, detalla que están "esperando encher, quedan algúns cuartos aínda, pero esperamos enchelas. É unha festa moi importante".

Para viaxar no tempo ata 1809, e vivir a expulsión das tropas francesas, a organización reconstrúe a zona vella. Fiz Axeitos, portavoz da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, insica que xa están "acabando de montar as estruturas que nos corresponden, traballamos dende novembro e hai cousas que se encargan dun ano para outro".

Os participantes xa teñen ensaiada a gran representación da Reconquista de Vigo, que será o domingo ás seis da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade