Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dispárase co bo tempo a práctica do sendeirismo, que resulta recomendable todo o ano

Dispárase co bo tempo a práctica do sendeirismo, que resulta recomendable todo o ano

Calzado axeitado, roupa que transpire e hidratación sempre a man, entre as claves para mellorar a experiencia nas rutas

O paseo do Rato é unha popular ruta de sendeirismo no cinto verde de Lugo
Félix Aragunde 25/03/2026 21:23 Última actualización 25/03/2026 21:46

O sendeirismo resulta beneficioso para a saúde ao longo de todo o ano. Pero co tempo primaveral, e máis aínda tras un longo inverno, dispárase o número de seguidores desta práctica, que de partida non require un bo estado físico e, moito menos, un rendemento deportivo esixente.

"Os beneficios son moitos. Beneficio caridovascular, manter a mente sa e tamén tocante ao estrés laboral. É un deporte fácil, que todo o mundo pode facer e que está ao lado das cidades e das vilas", subliña Carlos Montero, presidente do club Monte Penarrubia de Lugo

Á hora de botar a andar, cómpre seguir unha serie de recomendacións, principalmente relativas ao calzado e á roupa. Se o terreo é irregular, débense protexer os nocellos para evitar escordaduras, ademais de usar pezas de vestir que transpiren. Doutra banda, a hidratación resulta fundamental, sobre todo cando vai calor, polo que non está de máis levar unha botella de auga en calquera das súas múltiples modalidades. 

 "A xente que fai sendeirismo ou 'trekking' adoita levar a botella, non o sistema de hidratación ao lombo. Algúns que fan moi longo, si, pero o normal é que leven auga nos  botes", sinala Miguel Moscoso, xerente da tenda especializada Ndorfina

"O calzado é importante. Uns bos tenis, que sexan cómodos en función do terreo. E logo ir acompañado, avisando sempre a onde se vai, tanto no sendeirismo coma no ciclismo ou noutro deporte", engade Carlos Montero. 

Sexa polo medio do monte, pola beira do río ou polas coñecidas popularmente como 'rutas do colesterol', o caso é poñer o pé no camiño e coidar os pasos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar