Cargando resultados...
A Hora do Planeta deixa ás escuras monumentos e edificios emblemáticos de Galicia
Apagáronse as luces, entre outros, da Catedral de Santiago, do Palacio de María Pita ou da Torre de Hércules
É un acto simbólico como mostra de compromiso contra o cambio climático
G24.gal
28/03/2026 21:47
Última actualización 28/03/2026 22:00
Galicia sumouse este sábado ao acto simbólico da Hora do Planeta na súa vixésima edición.
Desde as oito e media ata as nove e media da noite, moitos edificios emblemáticos e momumentos, como a Catedral de Santiago, o Palacio de María Pita ou a Torre de Hércules quedaron ás escuras como mostra de compromiso contra o cambio climático.
Na Coruña houbo outras actividades dirixidas á cativada como a colocación de máis dun milleiros de candeas para recrear o símbolo desta campaña contra a crise climática.