Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio forestal queima ao redor de vinte hectáreas en Ourol

Un incendio forestal queima ao redor de vinte hectáreas en Ourol

O lume afecta á parroquia do Sisto e para a súa extinción mobilizáronse varios medios terrestres pero non aéreos

Imaxe de arquivo. TVG Imaxe de arquivo. TVG
G24.gal 28/03/2026 10:16

Un incendio forestal iniciado pasadas as once da noite do venres queimou ata o momento ao redor de vinte hectáreas no concello lucense de Ourol, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

O lume afecta á parroquia do Sisto neste municipio da Mariña de Lugo e para a súa extinción mobilizáronse, de acordo co reporte do Goberno galego, un técnico, oito axentes, dez brigadas, dez motobombas e unha pa; sen intervención de medios aéreos.

Desde a Consellería do Medio Rural lembran que se habilitou o teléfono gratuíto 085 para avisar en caso de detectar un incendio forestal e que existe outro número anónimo e gratuíto para denunciar os delitos relacionados con incendios dos que se teña constancia ou coñecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar