Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un veciño de Teixeiro como presunto autor de 10 delitos de incendio forestal

Investigan un veciño de Teixeiro como presunto autor de 10 delitos de incendio forestal

O home xa fora detido pola Garda Civil nunha primeira fase da operación Torunda

Os axentes cren que tamén podería ser o autor doutros 10 incendios forestais ocorridos entre o 31 de xullo e o 24 de agosto en Curtis, Oza–Cesuras, Sobrado dos Monxes, Toques e Melide

Imaxe de arquivo do incendio rexistrado o pasado verán en Toques Imaxe de arquivo do incendio rexistrado o pasado verán en Toques
G24.gal 07/03/2026 11:21

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil da Coruña investiga un home como presunto autor de 10 delitos de incendio forestal na 2 fase da operación Torunda.

A operación, iniciada por mor do incendio rexistrado o 30 de xullo 2025 no termo municipal de Oza – Cesuras, conlevou a detención dun home como presunto autor de 11 delitos de incendio forestal en novembro do ano pasado, continuando coa investigación ante a sospeita de que esta persoa puidese estar relacionado coa autoría doutros 10 incendios forestais ocorridos entre o 31 de xullo e o 24 de agosto nos termos municipais de Curtis, Oza – Cesuras, Sobrado dos Monxes, Toques e Melide.

Como froito do traballo de campo realizado, os axentes lograron determinar que o presunto autor dos mesmos era a persoa detida en novembro por feitos similares, procedendo á súa investigación como presunto autor de 10 delitos de incendio forestal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade