Cen euros para pescar por primeira vez
É o que custa un equipamento básico de cana, carrete, anzol e roupa axeitada para ir ao río
Os veteráns recomendan ir con alguén que xa saiba
Antes de poñer o pé no río, hai que pasar por caixa. Todo un mundo de aparellos, distintos graos de especialización, e tamén os básicos: a cana, o carrete e o anzol.
Marcos Dapía, Armería Jardín: "Con cen euros pódeste equipar completo, a parte técnica (cana, carrete e señuelos) máis o tema téxtil: unhas botas e un chaleque para levar os útiles".
Aparte de vender, asesoran a principiantes e veteráns. Porque para ir por primeira vez ao río, cómpre asesorarse e ir acompañados de alguén que xa saiba. "Para facer un nó, para que che expliquen como lanzar, onde hai troitas...", explica Alejandro Portela, do Club de Pesca O Peixe do Limia.
Alejandro é terceira xeración de pescadores. Recomenda empezar pola culleriña. "Para ir coñecendo o río. Despois, se te chama o mundo da mosca ou da ninfa, xa meterte a esa pesca", sinala.
Practica a pesca sen morte. O que máis lle presta é a serenidade que lle transmite o río.
"Eu vou ao río e desconecto de todo", conclúe Alejandro.
Desconexión e contacto coa natureza, uns bos alicientes para empezar.