A frota galega ve como a cota da sardiña para este ano está próxima a esgotarse
Pescadores e peixeiros confían en que haberá sardiña dabondo para o san Xoán
Os pescadores din que a cantidade de sardiña que queda para capturar ata finais de outubro non é dabondo.
"Este ano por mor a que non apareceu a xarda no mes de marzo ou abril e os pescadores foron á sardiña. A cantidade de peixe é insuficiente. Son nove mil toneladas e deben quedar catro mil toneladas, máis ou menos, para o Cantábrico-noroeste. A cousa non está doada", explica Alberto Castro, secretario da confraría de Sada.
Con todo, están convencidos de que non faltará á cita do san Xoán.
"Este ano van facer a revisión do acordo entre España e Portugal porque Portugal leva o 66 % da sardiña e España, o 34 %. Pero aquí hai moitos máis barcos que alá".
Unha situación que, por exemplo, no mercado da praza de Lugo, na Coruña, non preocupa. As vendedoras confían en que, se aínda quedan máis de 4.000 toneladas para chegar ao tope das capturas, a raíña da festa meiga estea presente en todos os postos polo san Xoán. Do que si dubidan é de se haberá cantidades para as celebracións de xullo e agosto.