O Sergas creará cen novas prazas de médicos nos PAC para abrir os sábados
A medida vai ligada á apertura destes puntos os sábados pola mañá
Esta nova quenda será cuberta polos profesionais de forma voluntaria
A apertura dos PAC os sábados pola mañá orixinará a creación de 210 novas prazas nos vindeiros dous anos, cen delas de médicos e 80 de persoal de enfermería.
A medida enmárcase na reorganización da atención primaria e os puntos de atención continuada que pretende acometer a Consellería de Sanidade, froito dos acordos acadados na reunión da mesa sectorial.
Entre esas medidas, a cobertura das gardas nos PAC será voluntaria, e irá acompañada de melloras retributivas tanto para o persoal médico como de enfermaría.
Son parte do paquete de medidas co que a Xunta busca mellorar as condicións laborais e salariais na atención primaria, ao tempo que favorece a participación voluntaria do persoal e se garante un modelo asistencial de calidade. Os cambios terán efecto cando entre en vigor o decreto no que traballa a Xunta.