Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Unidade Técnica de Apoio nace para aliviar a carga burocrática na Atención Primaria

A Unidade Técnica de Apoio nace para aliviar a carga burocrática na Atención Primaria

Nun primeiro momento estará integrada por 20 técnicos que serán licenciados en medicina sen especialidade, pero co tempo chegarase aos 50

O servizo vai aliviar a carga burtocrática dos facultativos da atención primaria que a día de hoxe dedican entre un 30 e un 40% do seu tempo a trámites administrativos

 

 

G24.gal 10/05/2026 12:50

A Unidade Técnica de Apoio á Atención Primaria comeza a traballar con 20 médicos para dar reforzo a 94 centros de saúde de varias áreas sanitarias, seleccionados entre os que teñen unha maior carga de traballo administrativo. A unidade está ubicada nas instalacións do hospital psiquiátrico de Conxo e irá aumentando os centros de saúde reforzados e tamén o número de médicos ata chegar ao medio cento.

"Imos crear unha unidade central con 50 técnicos cualificados para descargar de traballos burocráticos aos médicos. Para que moitas tarefas que poden facer estes profesionais non as teñan que facer os médicos e poidan atender mellor aos pacientes."Explica Alfonso Rueda, o presidente da Xunta.

Nun primeiro momento vanse dedicar a prescribir e renovar a medicación para os enfermos crónicos, pero irán asumindo máis funcións como tramitar solicitudes de ortopedia, peticións de ambulancias que non sexan urxentes ou elaborar informes de saúde.

Terán unha axenda de 50 citas telefónicas, xestionada polo persoal administrativo dos centros de saúde.

Ata o dagora os médicos de atención primaria dedican entre un 30 e un 40% do seu tempo a trámites administrativos. Unha carga que se verá reducida co apoio desta unidade central o que permitirá aos médicos dedicar máis tempo ao traballo asistencial.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade