Renfe habilita un servizo alternativo de autobús polas obras na estación da Coruña
Afecta un total de 27 frecuencias de trens rexionais, de media distancia e de alta velocidade
Dende o domingo e ata o 31 de marzo modifícanse algúns horarios entre A Coruña e Vigo
Co gallo das obras de mellora da estación de tren da Coruña, Renfe habilitou un servizo alternativo de autobús entre a cidade herculina e Santiago de Compostela dende o venres e ata as 14:00 horas deste sábado.
Os traballos na intermodal, e tamén na conexión co porto exterior Punta Lagosteira, afectan un total de 27 frecuencias rexionais, de media distancia e de alta velocidade.
Trens afectados este sábado
En concreto, este sábado os trens afectados son o AVLO 4295 Madrid CH 08:25-A Coruña 13:10; o AVANT 34295 Ourense 11:11-A Coruña 13:10; o AVLO 4154 A Coruña 04:29-Madrid CH 08:49 ; o AVANT 34154 A Coruña 04:29-Ourense 06:21; e o AVE 4364 A Coruña 06:30-Madrid CH 10:50.
Tamén atinxe os convois de Media Distancia nos seguintes traxectos: A Coruña-Ourense, A Coruña-Lugo, A Coruña-Ferrol e A Coruña-Vigo.
Modificación de horarios
Ademais, Renfe anuncia que a partir deste domingo e ata o día 31 de marzo modifícanse algúns horarios da liña que une Vigo coa Coruña.