Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos 29 mortos e 102 feridos nun ataque con explosivos en Paquistán

Polo menos 29 mortos e 102 feridos nun ataque con explosivos en Paquistán

Segundo informaron as autoridades, crese que a explosión ocorreu nas vías do tren, preto do paso a nivel de Chaman Phatak,  situada a uns 125 quilómetros da fronteira con Afganistán

A potencia da detonación provocou o descarrilamento da locomotora e tres vagóns

REUTERS/Stringer REUTERS/Stringer
G24.gal 24/05/2026 09:31

Polo menos 29 persoas morreron e outras 102 resultaron feridas este domingo tras un ataque con explosivos contra un tren de proximidade en Quetta, no oeste de Paquistán, que se dirixía a unha zona residencial militar.

"Na explosión, 29 pasaxeiros morreron e 102 están feridos. Está a determinarse a natureza da explosión", declarou un oficial de policía do control policial de Quetta, Hameed Ali Shah.

Segundo informaron as autoridades, crese que a explosión ocorreu nas vías do tren, preto do paso a nivel de Chaman Phatak, un cruzamento ferroviario situado na capital da provincia de Baluchistán, situada a uns 125 quilómetros da fronteira con Afganistán.

"Un tren lanzadeira que viña de Quetta foi alcanzado por unha explosión preto de Chaman Phatak", dixo un oficial de policía do centro de control policial de Quetta, Muhammed Ramzan, que agregou que o tren viña dun cuartel militar de Quetta.

A potencia da detonación provocou o descarrilamento da locomotora e tres vagóns, dous dos cales chegaron a envorcar, engadiu a policía. Ademais, a onda expansiva destruíu unha decena de vehículos estacionados nas inmediacións e esnaquizou os cristais dos edificios lindeiros.

O ministro federal de Ferrocarrís, Muhammad Hanif Abbasi, cualificou o ataque de "acto covarde de terrorismo" e atribuíuno a "forzas hostís" que operan desde Afganistán co patrocinio da India co único obxectivo de desestabilizar o país.

Ningún grupo asumiu polo momento a autoría inmediata do ataque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade