O Transcantábrico, o primeiro tren de luxo que rodou en España
Desde 1983 cobre a ruta entre San Sebastián e Santiago de Compostela
O 70 % dos viaxeiros son estranxeiros e dun alto poder adquisitivo
O Transcantábrico é o tren turístico máis luxoso de España e está considerado un dos máis prestixiosos do mundo. Foi o primeiro tren destas características en circular polo país. Renfe púxoo a andar en 1983.
En catro décadas fixo máis de 2.000 viaxes entre San Sebastián e Santiago de Compostela. Máis de 60.000 turistas chegaron a Galicia nos seus vagóns. A maioría dos viaxeiros do Transcantábrico, o 70 por cento, son estranxeiros e dun alto poder adquisitivo. O concepto de luxo máis alá do material, asociado a unha maneira distinta de viaxar.
O Transcantábrico circula de marzo a outubro. Ten só 28 prazas e non é asequible para todos os petos. Pero ano tras ano circula completo.